• Páginas

  • Categorías

  • febrero 2015
    L M X J V S D
    « Oct   Ago »
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    232425262728  
  • Archivos

  • Gente sin seriedad

Crítica construtiva ao vídeo de Enrique Iglesias


Como supoño xa todos saberedes, a Xunta de Galicia deixou 300000€ nun videoclip de Enrique Iglesias coa esperanza de que seguise os pasos do (puto crack do) pai e repetise temazo coma aquel “Un canto a Galicia eeeeeeehhhh terra do meu paeee!”

enrique_iglesias-890141

Ver o videoclip de “Noche y Día”

Xa que eu paguei parte del cos meus impostos, vou tasar o video a ver se compensou ou non:

——————————————————————————————————–

ESTIMACIÓN DO VALOR DE “NOCHE Y DÍA”

– Sae unha teta: +100€ , mais está borrosa, así que -30€
– Montan unha rave na Catedral +200€
– Follan na Catedral ¡Jackpot! +2000€
– Aparece a Cidade da Cultura -500€
– Sacan a porta da muralla de Lugo pola que entro eu sempre +40,15€
– Din “Hay calor en la ciudad” cando amosan Lugo. +15€ por optimistas.
– Sae un gordo engominado que fai risa +30€
– Non sacan Pontevedra JUAJUAJUA LOOOOOOSERS +10€
– Nin unha raia de coca en todo o vídeo -50€ por faltar a verdade e -100€ por desprezar o motivo número 1 de viaxar a Galicia.

TOTAL estimado = 100-30+200-2000-500+40,15+15+30+10-50-100 = 1715.15€

——————————————————————————————————–

Tongáronnos again. Pero a idea do videoclip de Enrique Iglesias promocionando Galicia eu non a desboto, prefiro ser máis creativo. Por iso, propoño un novo libreto para o vídeo que de seguro valería eses 300000€. Sería así:

No videoclip sairían E.Iglesias, o Yandel este e máis Magán, pero ollo, non Juán Magán, senón Marcos Magán “Peneque coma un can”, mítico locutor de Radio Líder. Chegan en helicóptero, pero non á Cidade da Cultura, senón ao botellón de San Pepe no Campus de Elviña e póñense a gorrear cubiños de xeo porque se lles esqueceu ir ao OpenCor. De súpeto, todo cristo empeza a bailar en plan porcón.

San Pepe foto

De tanto beber, Enrique tivo que ir a un arbusto a facer un “Reggaeton”

Na seguinte escena xa é día, pero a festa segue. A acción múdase a Lugo e vese unha rave na piscina de bólas do “Park Dino” do Pazo da Maza. Aquí habería que cambiar un pouco a letra a: “Hai calor en la siudad, ¡AY! ¡Isto queima, María!”, que sería cando Enrique lle bota a boca ao prato de callos no Cotá mentres as gogós bailan enriba das mesas en plan porcón cunha bota de viño na man (opcional se vemos que se dispara o gasto).

A fama págase con suor

A fama págase con suor

Despóis, cando a canción baixa un pouco a intensidade, é o momento de mostrar á festa de xeito fugaz en diversos sitios de Galicia: Na Illa de Toralla, na discoteca Hermo de Muimenta, no Dolce Vita da Coruña coma homenaxe a “Soy Leyenda”, amarrando unha neumonía no aquapark de Cerceda e, finalmente, na Tir de Vilagarcía, onde meten uns tiros polo nariz e… Subidón!

A canción volve arriba e a rave aparece, polo efecto máxico da droga, na Catedral de Santiago, onde as gogós bailan en plan porcón cos Boy Scouts que veñen de peregrinos mentres os cregos berran “Eses nenos son nosos!”

A canción da para gañar un "grami"...

A canción da para gañar un “grami”…

Entón, Enrique, que é fillo de pai, pilla á que esté máis “buena” das bailarinas e lle dá un “Toma, por mala” no altar maior. Cando a canción chega ao clímax final, veríanse fogos artificiais con cambios de plano rápidos e, atención, entraría en escea Miley Cirus enganchada ao Botafumeiro coma no video de Wrecking Ball. Galaicamente apoteósico.

Remata a canción e, nunha última secuencia,  vese a Enrique que, agradecido polo polvazo que acaba de botar en chan sacro, sube a darlle unha aperta ao Apóstolo e este lle chisca un ollo co seu clásico son de “clink”.

FIN

"Bitches on my left, niggas on my right" (MC Santiago)

“Bitches on my left, niggas on my right” (MC Santiago)

Contestar

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: